«Estamos cansos de acudir a pelexas diante de establecementos de copas»
PONTEVEDRA
Entrevista | José Freire
28 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Tras un cuarto de siglo de labor no Sindicato Unificado de Policía, José Freire asegura seguir erguéndose todos os días con «ilusión», pese a que «tiven as miñas dúbidas» a hora de presentarse á relección á fronte do SUP en Galicia. O 2 e 3 de maio presentará unha candidatura na que se manterán «algúns nomes da anterior executiva, pero case o 50% é xente nova, con novas ideas». -¿Como se presenta o congreso de Oleiros? -Preséntase tranquilo. Hai tempo que os congresos deste sindicato desenrolanse con normalidade, tal vez auspiciado pola pouca aspiración no eido sindical que hai neste colectivo. Ainda hoxe temos que buscar compañeiros que queiran involucrarse e por iso é dificil que aquí haxa esas batallas que hai noutras centrais por ascender. -¿En que incidirán nestes dous días? -O noso traballo está metido no meollo da sociedade polo que temos que ser conscientes de cales son os problemas que agora mesmo lle están acuciando á sociedade. Por iso imos tratar unha resolución sobre a violencia xuvenil e tamén sobre o botellón. Observamos que as chamadas a facer grandes manifestacións de botellóns, non é unha chama do estilo de «vente, que nos imos a divertir», senón que «vente, que nos imos a colocar». E ese colocarse leva consigo logo unhas repercusións posteriores de cara á seguridade no tráfico, destrozos no mobiliario urbán... -Pero, iso é un labor que non pode ser acometido únicamente pola policía... -Xa. Por exempro, non podemos quitar a vista do pouco control que agora mesmo se ten sobre os locais adicados ao ocio dos mozos. Nós estamos cansos de acudir a pelexas diante de establecementos de copas que incumpren horarios. Fanse actas de proposta de sanción pero logo non vemos as consecuencias. -Teño entendido que outra das cuestións que imos tratar é o uso do galego por parte da policía. -A ver si somos capaces de darlle un pulo importante á normalización do galego no eido profesional. A nivel sindical, hai máis dun ano adquirimos o compromiso de utilizar esta lingua en todos os nosos escritos, publicacións e estatutos. Curiosamente, moitos dos axentes que veñen de fora de Galicia son os máis interesados en adquirir unha nova cultura.