NA ÚLTIMA | O |
26 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.SEMPRE QUE se van elixir aos mozos máis fermosos da provincia nun certame como o que se anunica aquí ao lado, sorprende os poucos canditados que acuden. Os que se convertirán nas belezas oficias escóllense entre unha ducia de mozos e mozas, todos eles de indudable atractivo. Pero, aínda así, a mostra parece pouco representativa. Hai uns anos, interesado por esta circunstancia, neste mesmo xornal publicáronse unha serie de reportaxes que acabaron destapando o fraude. Os certames de misses non teñen xa nada que ver coa concepción inicial: a de elixir á moza máis fermosa dunha provincia, moitas veces vestida de traxe rexional, con certos coñecementos das tradicións locais, e cousas polo estilo que a fixeran ser representativa das súas paisanas. Agora o esquema e o seguinte. Unha serie de axencias de modelos escollen, de entre as súas alumnas, ás rapazas con máis posibilidades de gañar. Logo colócanas como representantes de calquera provincia, normalmente a que estea libre nese momento. Moitas veces o número de candidatas é pequeno. Entón, as mesmas axencias escollen a outras rapazas, que farán de recheo nas galas previas á final a cambio dos honorarios que precibirían nunha sesión normal de pasarela. Estas últimas xa saben que non van gañar. Pero por se houbera algún xurado despistado que se fixara en quen non debía, as rapazas contratadas como figurantes desfilan normalmente coas roupas menos vistosas, tallas que non lles corresponden e artimañas parecidas. Logo tamén hai normas. Entre elas, algunhas tan contradictorias como que as rapazas non poden ser modelos, se é que con isa actividade obtiveron algunha «notoriedade social relevante». A verdade é que así a xente guapa perde todo o atractivo. Porque boa parte da fermosura das persoas reside no misterio que logran xerar.