NA ÚLTIMA | O |

26 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

OS BLOGS, eso que antes se chamaban diarios, están cambiando o mundo da comunicación. Calquera que teña algo que dicir ten a garantía de que estará a disposición de millóns de persoas. Pero é precisamente esto último o que dificulta que as mensaxes cheguen aos seus destinatarios. A oferta desmedida de información é tamén a súa principal inimiga, pois boa parte do que merece a pena ser coñecido acaba por diluirse entre os millóns de contidos similares que se publican a diario na Rede. É precisamente esa dificultade por facerse notar o que continúa a dar certa ventaxa aos medios de comunicación tradicionais, como os periódicos ou as emisoras de radio. Ante a imposibilidade de controlar as novas manifestacións que fan fluir coma un torrente a información en miles de direccións, agora ponse sobre a mesa impor por lei quen pode ser xornalista e quen non, como os medios van poder informar e como non. Hai en todo o que se publica cousas certamente impublicables. Outras son difíciles de dixerir. Normalmente, os xornalistas teñen problemas con quen non está acostumado a sair nos medios de comunicación. As versións que estes dan sobre o asunto que se está a tratar acaba sendo, como é lóxico, só parte da versión que finalmente len nas páxinas do periódico. Un dos mellores indicadores para saber se un traballo está ben feito é comprobar que todos os protagonistas da información acaban descontentos co resultado. En demasiadas páxinas do exemplar que chega ao quisco cada mañán aparecen uns protagonistas que ademáis teñen o poder de regular por lei. É certo que o periodismo é inexacto por natureza, porque iso é precisamente o que é a realidade: inexactitude, a suma de moitas visións, ningunha de elas totalmente verdadeira. Cortarlle cachos a golpe de lei é un intento tan simple que daría pena senón fora porque a censura produce asco.