DENDE A VENTÁ | O |
08 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.O RÍO Lérez foi noticia onte coa caída dun coche e o seu conductor nas súas augas. Se un accidente destas características non é habitual, aínda máis chamativa foi a rápida reacción das dúas persoas que participaron no rescate do home apresado no interior do vehículo. A verdade é que se require coraxe para botarse ao río no frío do inverno e buscar un coche nas digamos ¿claras? augas do Lérez. É necesario o valor para enfrontarse a un reto de máxima urxencia e na que o tempo prima máis que case ningunha outra cousa. Os dous valentes que rescataron a o anciá son dignos da nosa admiración. É mester coñecementos e habilidade para poder conseguir que o rescate fose un éxito. E ámbolos dous lográronno despois de loitar un pouco co cinturón que aprisionaba ao anciá. Pero aínda hai outro elemento máis que chama a atención do rescate de onte. En Radio Voz o noso compañeiro Enrique Prendes entrevistou a José Roel, un dos que sacou ao conductor do coche. E precisamente Roel desbotaba calquera importancia ao que fixo, coma se non merecese a atención que suscitou a súa acción. E se se fai o contraste coa nosa clase política media, que poñenche unha farola ou asfaltan unha rúa e anúncianno a bombo e platillo cando é o seu deber, o exemplo dado onte por Roel e o policía local que o axudou resalta máis aínda. Ben feito, e que alguén tome nota.