NA ÚLTIMA | O |
08 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.ESA RABIA que o meu compañeiro de columan só logra aplacar fumando pito tras pito non é en realidade tan acusada como el pretendía facer parecer no seu artigo de onte. É certo que fuma moito máis, e dunha forma máis compulsiva do que o soía facer, se cadra para relaxarse. Aínda que, cada vez que tira do cigarro, o certo é que se debuxa na súa cara un xesto que denota máis ansiedade da que tiña antes de prender o pitillo. O fumeteo militante ao que se aplica dende hai uns meses ten as horas contadas na redacción dende a que se escribe esta columna. Sucederá aquí o que vai pasar en todas as outras empresas de España. Co novo ano, nada de fume. Como o meu compañeiro de columna, son moitos os que vaticinan que serán maioría os bares que optarán por manterse como lugares para o disfrute do tabaco. Pero non saben que, unha vez que a maquinaria entra en funcionamento, xa non hai nada que facer. Estarán sinalados, como xa o estan en moitos países do norte de Europa. Alí esta situación viviuse hai xa seis ou sete anos. Agora todos os bares vetan a presenza de cinseiros, e mesmo os pubs nocturnos están libres de fume. E hai unha consecuencia curiosa. Os afeccioados á noite din que as resacas do día seguinte dividen os seus efectos pola metade gracias a que os pulmóns non resultan igual de intoxicados que os órganos aos que vai parar o alcol. Pero antes de conseguir un panorama como ese, houbo problemas previos. Primeiro chegou a subida dos prezos do tabaco, tan altos que as tendas colgaron carteis nas portas advertindo de que os cigarrillos se gardaban en caixas fortes pola noite. Evitaron así que os máis necesitados e desesperados os roubaran. Despois chegou unha etapa de indulxencia social, algo así como unha reacción de lástima cara os fumadores. Eso foi xusto antes de que agarrar un pitillo estivera case tan mal visto como empuñar unha navalla.