NA ÚLTIMA | O |
25 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.CADA VEZ que aparece un galego nunha serie da televisión ou no cine nun papel pouco favorecedor móntase por aquí un gran lío. Pasou co tipo que aparece na última película que protagoniza ese policía que lle roubou o nome a Torrente, ao que os guionistas fixeron nacer en Viana do Bolo, que as mesmas plumas identificaron cun pobo de merda. Hai algúns meses, outra actriz foi ao paro porque facía o papel de rapaza que traballaba nunha casa limpando cun acento galego pouco logrado e bastante esaxerado. A última polémica ven por outra serie da tele, que identificou Vilagarcía de Arousa co narcotráfico. Por se serve de consolo para os que se sinten ofendidos, os galegos non son víctimas solitarias. O Partido Popular de Andalucía anda alporizado porque na televisión do País Vasco hai un anuncio no que un andaluz só consegue activar a súa alegría vital despois de pisar chan vasco. Precisamente alí, un dos programas máis exitosos da televisión autonómica consiste na parodia dunha familia vasca, na que os guionistas fixeron coincidir todos so tópicos modernos daquela terra. O pai e a nai son inmigrantes, maquetos chegados de outras zonas de España para traballar alá. Por suposto, síntense vascos. Os seus fillos, xa nacidos alá, colleron camiños distintos: un é da policía autonómico e o outro é simpatizante etarra, adícase a apedrear aos compañeiros do seu irmán, queimar contendedores de basura e cousas polo estilo. Cada programa consegue pulverizar récords de audiencia, e mesmo hai quen xa atribúe ao espacio gran parte da normalización dunha situación demasiado complicada. Ao mellor convén aprender da experiencia vasca e rir un pouco máis ao mirar para o espello. Porque máis vale tomar a vida cun pouco de humor que dramatizar as cousas. Porque tomar algunhas tonterías tan en serio ata parece un pouco ridículo.