NA ÚLTIMA | O |
15 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.É FÁCIL entender os mecanismos polos que hai deportistas que cobran tanto e outros tan pouco. O verdadeiramente complicado é saber as razóns. A ecuación é clara. Unha superestrela da Primeira División de fútbol xenera coa súa mera presenza un torrente económico tan grande que é xusto que boa parde del lle acabe caendo nos petos. Pero por que non suscita ese mesmo entusiasmo un surfista como os de aquí ao lado, ou un corredor dos 1.500 metros, un xogador de frontón ou mesmo un palista con medalla de ouro olímpica. Seguramente todo será cuestión de artificios publicitarios, por certo que o anuncio de David Cal abrindo unha lata de paté como un iogur conseguiu subir un 24% as vendas do producto. Un compañeiro deste periódico, que escribe desde a nosa redacción na Coruña, lamenta que as seccións de deportes de todos os telediarios comecen polas mesmas tres palabras: «El Real Madrid...». Con esa forza mediática detrás non é estrano que todas as cifras en torno a ese equipo sexan de loucura. Michel Salgado, co que compartín instituto, soia faltar á clase os luns a última hora. Era para entrenar. Un profesor seu, con pouco ollo para estas cousas, recomendoulle que se deixara de tanto fútbol e estudara no seu lugar un pouco de literatura, que era a clase que cambiaba polos entrenamentos. Salgado aínda recorda con cariño aquel consello. Sen sair do mundo do fútbol, algo ten que ter cando suscita tantas paixóns, incluidas ás que moven ao asasinato, e outras menos traumáticas, que acaban incluso en xúbilo e conseguen promover as mellores causas. Quizais por todo iste trasfondo a moitos non lles parece que sexa moi xusto que os futbilistas opten ás eleccións presidenciais, como no caso de Weah, en Liberia. Soen dicir esto a xente que cre que só os intelectuais poden ocupar o poder. Os poetas non deberían, xogan con ventaxa.