Entrevista | Ramón Castiñeira
06 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A Confraría de San Telmo é unha das impulsoras da investigación universitaria sobre a mortandade da ameixa. O seu vicepatrón, Juan Ramón Castiñeira, cre que a contaminación e as especies foráneas son gran parte do problema. -¿Como está a situación? -Está estabilizada, pero é moi preocupante. Tanto no sector de a pé coma a flote, as capturas reducíronse á metade con respecto ao ano pasado, e non hai visos de que melloren. Agora, co cambio de Goberno e de responsables na consellería, cremos que podemos conseguir algo máis. -¿Cre que a Xunta o financiará? -Os partidos que están no Goberno apoiaron estas iniciativas na campaña electoral, e temos respaldo de 6.000 mariscadores de toda Galicia, que nos axudan a que estas iniciativas se apliquen noutras zonas. -Unha das causas pode ser a contaminación... -Totalmente. Se agora mesmo damos unha volta de Bueu a Sanxenxo e se contan os puntos de solta de contaminación, de cañerías, de porquerías, quedariamos asombrados. Queremos que a contaminación chegue ao vertido cero en dous ou tres anos. Pero hai outros problemas, como a introdución de especies de fóra, afectadas por parásitos, e estanse tirando directamente aos parques de cultivo ou depurando sen nigún tipo de control veterinario. -¿Catro anos de investigación non son moitos? -Se din que son necesarios, benvidos sexan. Estivemos esperando 16 anos co anterior Goberno sen ningunha información.