«Foi fácil falar con el ao ser de aquí»

e. l. | pontevedra

PONTEVEDRA

Entrevista | Miguel Anxo Fernández Lores

16 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Miguel Anxo Fernández Lores entrevistouse con Pérez Touriño en Santiago ás 10.30 da mañán e ás 13 horas xa estaba de regreso no Concello para contar a reunión aos medios locais. -¿En pouco máis dunha hora non parece que dea tempo a expoñer 50 demandas? -Lóxicamente non falamos das cincuenta cuestións que van no dosier, só falamos das máis importantes. -¿Pero consiguiu concretar algo co presidente? -Eso se fará cos conselleiros e os directores xerais e entón as cincuenta peticións poden convertirse en cen. Non é obriga do presidente despachar os temas directamente. -¿Resultoulle fácil o diálogo con Touriño? -Teño que decir que tivo unha actitude moi correcta e foi moi fácil falar con el porque, ademáis, é pontevedrés, coñece a cidade e os problemas que ten. -¿A actitude dos anteriores responsables da Xunta era moi distinta? -O respecto e lealtade ao modelo de desenvolvemento que nós temos xa me parece unha actitude distinta as posicións que había en gobernos autonómicos anteriores, que as veces utilizaban a Xunta como ariete partidario. -¿Véselle moi confiado co novo Goberno? -Eu vexo receptividade entendemento e gana de falar, pero eso non quere decir que dentro duns meses ao mellor non teña algunha queixa, ou as concrecións non sexan suficientes ou realmente os compromisos non se cumplen. Eso xa se verá. -¿Falaron das Illas Altánticas? -Sí. Defendín como dixen a sede no Pazo de Montero Ríos e foi receptivo. Creo que dixo textualmente que non era un tema pechado e que o comentaría co conselleiro. -¿Que outros temas do dosier lle deu tempo a tratar? -Falamos do Hospital único e a axilización do plan sectorial, dos proxectos deportivos comprometidos e das demandas en materia de asistencia social.