«Hai algúns centros en estado lamentable»

Alfonso González PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

ROMÁN GUTIÉRREZ

Entrevista | Cristóbal Fernández O novo responsable do departamento admite que o seu marxe de maniobra é limitado debido a que o anterior goberno comprometeu xa moitos investimentos

01 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

«Aterrando, coñecendo o personal e cunha carga de traballo impresionante». Así funciona, desde hai uns días, a axenda de Cristóbal Fernández Vázquez, novo delegado en Pontevedra da consellería de Educación. Lalinense e profesor, admite que, cos presupostos do 2005 xa aprobados, a súa marxe de maniobra é limitada. -Os sindicatos, o PSOE e o BNG véñense queixando de que o ensino público está mal. ¿Comparte a análise? -Bastante, aínda que sobre o tema a conselleira e o presidente van falar estes días. No equipo todos compartimos esa visión. No ensino público non se investiu o que debería terse investido. -¿Haberá entón máis investimentos? -¡En principio vai haber máis intención! Tamén se coñece xa polas noticias a cantidade de diñeiro que está comprometido para os próximos exercicios, co cal haberá que facer enxeñería financeira para sacar isto adiante. -Este curso non se notará demasiado o cambio de goberno... -Hai outras cuestións de talante, de contacto cos equipos directivos dos centros, que van cambiar, non teñen custe económico. -¿Ten datos de como se presenta o curso? -En principio non vai haber ningún problema, salvo algún retraso por algunha obra. -¿Vaise aumentar o profesorado? -Está contratado. A última hora cubriranse baixas, ou algunha petición que haberá que estudiar, dependendo da dispoñibilidade económica. -¿Hai algo que arranxar de inmediato? -Hai centros que están nun estado que non é o máis axeitado. Hainos moi vellos, moitos, con instalacións obsoletas que hai que abordar canto antes, polo menos as necesidades máis perentorias. Algúns están en estado lamentable, e as instalacións non son dignas. -Vaia follón se está formando cos concertos con colexios privados... -Iso excede as miñas competencias. A título particular direi que os convenios en vigor cumpriranse. A conselleira falou de revisar, e non ten por que ser para cambiar. É para mellorar, cambiar ou deixalo así. En todo caso, alármase quen se alarma.