NA ÚLTIMA | O |

10 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

EN XERAL hai que desconfiar da xente que lle zurra aos bichos. Soen ser malas persoas, cunha mezcla de falta de sensibilidade e cobardía, con algo de frustración que acaban por proxectar nos animais. En cambio, os bichos fan todo o contrario. Salvo os salvaxes, que por fame chegan a zampar algún humano, os animais teñen unha sensibilidade especial coa xente, sobre todos cos nenos pequenos. Polo visto, os burros, aos que o seu nome non lles fai honor, son unha marabilla para tratar a rapaces con problemas de conducta. O asunto ten incluso un nome propio. Chámase asinoterapia e consiste basicamente en que os nenos poidan acariñar aos burros, falar con eles, abrazalos e pasear collidos no seu pelo. Os resultados son excelentes, pois os burros teñen moita paciencia. A fama de tercos e algo parvos venlles da súa sensibilidade. Non toleran nada ben os malos tratos. De feito, cando unha persoa lles zoupa, xa non lle farán máis caso, o que motiva a impresión xeralizada de que teñen pouca cabeza e que lles resulta difícil aprender cousas básicas. Aínda que eficientes, no traballo no campo xa non son útiles e están desaparecendo, rodeados aída pola súa mala prensa e sen que a moiría se dera conta de que os burros son boa xente.