NA ÚLTIMA | O |
09 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.HAI SÓ uns anos, as propias preguntas do manual do código de circulación deixaban ver cómo se podía facer trampa á hora de conducir despois de beber alcol. O propio índice permitido era un puro disparate, pois, segundo explicaba o texto, non se alcanzaba o máximo autoirzado se a inxesta era de menos de tres cervexas e un whisky. Outra opción aputaba a que se podían consumir seis copas de champán, e unha máis falaba de tres cubatas. O viño, era capítulo aparte. Nin sequera se mencionaba. Non é tan sorprendente que agora custe desactivar unha programación social derivada dun clima de impunidade absoluta que alimentou durante décadas o cóctel formado polo volante e o alcol. As consecuencias hainas que recoller agora cada fin de semana nas cunetas para levalas directamente ao tanatorio. Un grupo de turistas españois en Suecia narraban sorprendidos hai quince anos como os conductores non probaban nin unha copa de viño durante a cea. Agora ese comportamente comeza a ser habitual tamén aquí. Pero as diferencias continúan a ser grandes. Alí, os que beben demasiado na cea, nin sequera conducen ao día seguinte. O índice máximo autorizado é tan pequeno que darían positivo. E o seu código advirte que as trampas se pagan no cárcere.