Parque temático

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

08 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

DESPOIS de ver como se pode levantar unha cidade en apenas uns meses de obras e darlle un contido capaz de atraer a visitantes todos os días do ano, a economía de outras urbes con séculos de historia revélase clara. O primeiro caso é o de DisneyLand en París, un lugar disparatado, que funciona de xeito ininterrumpido, no que traballan doce mil personas e que mete polos tornos das súas entradas a doce millóns de afeccionados as fantasías Disney cada ano. O imperio susténtase na imaxinación, como gustan de presumir os creadores dos contidos do parque. Pero a fórmula non é tan revolucionaria. Aquí ao lado, e salvando as distancias, por suposto, a imaxinación, as palabras, tamén foron decisivas para construir unha realidade viva, alimentada pola fé e impulsada despois polo turismo. Santiago de Compostela é unha concepción primitiva de parque temático. A paixón que agora move a millóns de europeos a visitar eses novos santos da animación que son os personaxes de Disney, levou durante séculos a incontables peregrinos ata Santiago. Só que o parque de atraccións, polo visto, é un negocio un pouco ruinoso, e a catedral continúa esplendorosa despois de séculos. Seguro que os miragres algo tiveron que ver aí no resultado final.