A cercanía da filla de Cotobade

Praza da Ferrería A escritora brasileira Nélida Piñón foi homenaxeada onte nun sinxelo e emotivo acto na localidade natal dos seus pais e avós e na que pasou parte da súa infancia


? salón de plenos e o vestíbulo do Concello de Cotobade quedaron onte pequenos no acto de homenaxe a Nélida Piñón. Representantes do mundo da cultura e da política galega, veciños, amigos, familiares e seguidores da obra da escritora brasileira non se quixeron perder o seu nomeamento como filla adoptiva da localidade. Compromiso coa terra ?ta minutos antes do acto, a ex presidenta da Academia Brasileira das Letras atendía á prensa e comentaba, entre saúdo e saúdo, a súa tendencia innata a organizar, «aínda que hoxe non me toque a min». A concelleira de Cultura, Lina Garrido, deu lectura ao acordo plenario adoptado por unanimidade o pasado 11 de marzo. «Penso que non necesita destes títulos -dixo- basta o seu compromiso con esta terra na obra A República dos soños, de lectura obrigada». O anel que viaxa con ela ?gual de emociada que cercana, Nélida Piñón explicou aos presentes que as súas raíces galegas están sempre con ela, «no meu corazón». Tras citar a Manuel Fraga e Carlos Casares, desvelou que un anel que lle regalaron en 1998, cando foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de Santiago, vai sempre con ela «polo mundo». Calidade humana O alcalde, Manoel Loureiro, ofreceu detalles desta homenaxe que naceu no 2003. Comentou que ao principio non as tiña todas consigo. «Cando un pensa nos escritores imaxina unha persoa chea de manías, pero no caso de Nélida vimos a súa calidade humana na primeira conversa». Ademais de firmar no libro de honra do Concello de Cotobade -no que con anterioridade deixou as súas palabras o etnógrafo Antón Fraguas-, Nélida Piñón leva para Brasil un recordo moi especial. Un cadro no que voltará, con só unha mirada, á ponte e á capela da aldea de Borela na que pasou parte da súa infancia.Acompañando á escritora brasileira estiveron, entre outros, Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, os escritores Susana e Xosé Fortes, e políticos como Salomé Álvarez, Inmaculada Rodríguez, Antón Louro, Camilo Nogueira, Luis Bará ou José Juan Durán, ademais de alcaldes da comarca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A cercanía da filla de Cotobade