NA ÚLTIMA | O |

13 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

MAR ADENTRO, a película que fala do sufrimento de Ramón Sampedro, o tetrapléxico que reivindicou a súa propia morte durante anos postrado na cama e que acabou por suicidarse nun alarde de inxenio, vai colocar nun escaparate mundial a Galicia. En cada proxección internacional colleita aplausos que se prolongan por minutos. O mesmo sucede coas frases amables da crítica, que levan a película de Amenábar a un lugar preferente na súa evolución cara aos Oscar. Xa se ten comentado aquí que a película é boa, que se achega sen prexuizos a unha terra na que perviven os tópicos que a relegan aos vagóns de cola, pero na que deslumbran tamén os trazos de modernidade como a propia vida de Sampedro, un pioneiro da eutanasia, capaz de revolucionar o debate social dende a súa cama. A polémica entre quenes defenden as liberdades individuais e os que consideran a actitude de Sampedro como un desprezo feo á vida vai rodear todo o proceso. Por debaixo de todo eso corre con forza para gañar posicións a Galicia de constrastes que se soubo reflectir na película, o país que se verá en medio mundo gracias ao poder da industria do cine, e o que, ás veces, logra colocar por enriba dos tópicos a modernidade da xente valente como Sampedro.