Concerto didáctico en Cela

La Voz

PONTEVEDRA

A.???C.???R.

Praza da Ferrería O intérprete Guillerme Ignacio, do grupo Quempallou, amosou aos nenos do CEIP A Torre os instrumentos da música tradicional galega nunha xornada celebrada onte

28 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O CEIP de Cela, no concello de Bueu, foi onte unha festa, pero unha festa galega, coa música tradicional e os rapaces como protagonistas. Ao longo da mañá desenvolveuse a segunda edición dos concertos didácticos da Asociación Cultural Retrouso de Cela no CEIP A Torre da parroquia. Guillerme Ignacio, gaiteiro, compositor, mestre de música e experto en etnomusicoloxía galega foi quen de achegar aos nenos unha gran variedade de instrumentos percutivos que espertaron a súa curiosidade: bombo, tamboril, pandeira, pandeiros, cunchas, a lata de pementón, o sacho e ata unha cabaza, que tocou ante o estupor dos nenos que se esforzaban por imitalo. Nesta actividade participaron 32 nenos de Educación Infantil e primer ciclo de primaria, e 51 rapaces dos ciclos segundo e terceiro de primaria, divididos en tres grupos durante toda a mañá. O momento de máxima participación foi cando o gaiteiro Guillerme Ignacio, integrante tamén do grupo Quempallou, os fixo erguer a todos para bailar un pasodobre ao son da pandeireta e da voz. Ademáis, tres alumnos das escolas Retrouso axudaron ao mestre e ensinaron aos seus compañeiros o uso dos instrumentos: Álvaro Estévez, de 10 anos, tocou a gaita; Martín Cabaleiro, de 8, bailou y Irene Cabanelas, de 9 anos, bailou, cantou e máis tocou a pandeireta. A Asociación Cultural Retrouso de Cela, organizadora deste concerto, vén funcionando como tal dende o ano 1998, pero dous anos antes fundárase como grupo de baile. O seu orixe foi o grupo de baile das actividades extraescolares da escola A Torre, de Cela, coa profesora Leonor Rosales. Pero os compoñentes do grupo medran e teñen que abandonar o centro, constituíndose logo en asociación cultural folclórica. O colectivo, presidido actualmente por Rubén Bastón, que figura ao frente dun equipo de mozos, ten en marcha unhas escolas de baile tradicional, pandeireta e canto -a pioneira, pois botou a andar no ano 2001- e gaita dirixidas fundamentalmente aos rapaces e adolescentes, e tamén funciona un coro formado por persoas adultas. Nestas escolas participan arredor de setenta personas. Pero esta asociación -que dispón dunha web, www.retrouso.com-, lonxe de conformarse, ten ganas de medrar e abrirse a todalas idades. Agora mesmo está a organizar unha nova actividade, con sé central na escola de Cela, coma o resto. Trátase de teatro na escola que se porá en marcha este mesmo curso para achegar aos máis cativos ao mundo do escenario. Xa conta cun mestre de reconocido prestixio e experiencia, o profesor de Cangas Juan Carlos Riobó. E tamén botará a andar proximamente, concretamente o día 9 de outubro, unha escola de teatro con miras a formar un grupo, xa para adolescentes e persoas adultas, de 14 anos en diante, como explicou Rubén Bastón. E o mestre vai ser o marinense Gaspar Broullón. De esa forma, Retrouso tería actividades para todas as idades, desde as escolas dos pequenos ata o coro e o grupo de teatro, para edades adultas. Os ensaios, abertos a todos os interesados, serán os sábados, de 20 a 22 horas. Unha moi boa iniciativa.