NA ÚLTIMA | O |
27 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.OS RITOS sucédense ano tras ano, século tras século, moitas veces sen que se chegue a cuestionar por que se puxeron no seu día en marcha ou se serven en realidade para o que foron concebidos. Ven esto a conto da tradición de bañarse estes días na praia da Lanzada para fomentar a fertilidade. Polo visto a cousa só vale para elas, pois xa se sabe que, antes de que chegaran os avances da técnica, se non había cativo levaban todas as de aparecer como as culpables. A cerimonia consiste en deixar que nove ondas as mollen pola noite. Como a tradición é case por definición inimiga de incorporar modernidades parece descartable que o ritual se poda adaptar aos homes que non conseguen que o fillo desexado chegue. Nestas cousas da fertilidade hai historias para todos os gustos. Nunha ocasión na que unha rapaza dun pobo de Ourense acudira coa nai ao médico porque se atopaba mal, este díxolle que o que lle pasaba era que estaba embarazada. Cando a nai da nena comezou a bater nela o único que acertou a dicir entre os golpes foi que tivera que ser un bicho cando estaba a durmir no monte. Volvendo á Lanzada, tendo en conta que andivo por alí facendo surf onte o cantante latino Carlos Baute, todo pode ser.