Licenciado en Belas Artes na Facultade de de Pontevedra, Kiko da Silva, ademáis de colaborar neste periódico prepara tamén novos proxectos. -¿En que outros proxectos anda metido? -Esencialmente nunha nova revista semanal, Míster K, editada por El Jueves e dirixida a un público adolescente. Sairá o 6 de outubro. Ademáis, ando a preparar para Kalandraka a adaptación do conto popular Os tres porquiños para unha colección destinada a nenos autistas. -Fálenos do seu traballo nesa nova revista. -Está dirixida por Maikel e eu terei dúas series fixas, TurisTeo e Clases con Guasa. A primeira é una guía moi tola de viaxes, na que o protagonista, Teo o viaxeiro, ensinará as rarezas do planeta. E a segunda é unha historia gamberra dun eterno repetidor de instituto. -Agora ademáis está participando no Salón do Cómic de A Coruña. -Si, precisamente onte presentei no salón Viñetas dende o Atlántico o derradeiro número de BDbanda, a revista de cómic en galego que tamén dirixo, e mañán, venres estarei na presentación da granadina Dos veces breve, que fixo un especial de autores galegos no que figuro.