O cronómetro | Isaac Xubín Este xoven escritor de 26 anos, que recibiu dous premios literarios da Universidade de Vigo, busca o paralelismo entre o deporte e a poesía
14 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Isaac Xubín defínese como un poeta sincero, unha especie en perigo en extinción nestes tempos difíciles. O seu apelido artístico, Xubín, teletransportao por momentos a un pequeno recóndito do lado da Coruña onde pasou a súa nenez. Este pontevedrés amante do balón oval, escribe sobre latitudes e aritmética e chega a despexar ecuacións de segundo grao sobre o máis profundo do ser humano. Aos seus 26 anos, Isaac estudia euskera en Bilbao e conta xa na súa vitrina con dous premios literarios. -¿Por que o pseudónimo de Isaac Xubín? -Xubín ven porque a miña nai naceu nun lugar no concello de Oleiros chamado así. Alí pasei a miña infancia e rebautizarme con este nome é un xeito de manter presente aquel tempo. -¿Cando empezou a escribir? -Cando tiña 14 ou 15 anos, supoño que pola influencia dalgún mestre. -¿De que falan os seus poemas? -Sobre todo o que me rodea. Os artistas tratan de sublimar o que lles ocorre, convertilo e expresalo dou-tro xeito. -Fáleme dos seus libros. -O primeiro deles, Elementos de matemática, é unha especie de analoxía entre o sentimento e o mundo matemático. Lisboa, o segundo poemario, é moito máis persoal e fala do desencanto. -¿Como definiría a poesía? -Intenta ser sincera a todos os niveis, nela relaciono a miña familia e amigos co resto do mundo. -O rugbi sempre está presente nos seus versos, ¿ten tamén algo de lírica? -É un deporte sincero formado por un grupo de compañeiros que xogan de forma amater por un proxecto común. O rugby tamén é algo lírico.