NA ÚLTIMA | O |

02 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI uns días, cando ardeu a nave londinense donde se custodiaban boa parte das obras do Brit Art, producíronse en igual medida as reaccións de dor pola perda de creacións únicas de artistas de avangarda briánicos e a mofa dos que consideran que a tendencia moderna de converter unha tenda de campaña con nomes bordados nunha obra maestra merece outro tipo de calificativos. Nun artículo de Luis Ventoso neste mesmo xornal propúñase unha solución salomónica para dilucidar se as obras consumidas polo lume eran algo que merecía pasar á historia: a suma coa que o seguro está disposto a facer fronte ao que alí ardeu. Vendo o desfile de moda organizado onte a base de roupa feita de animais mortos troceados a duda volve a asaltar. Ás veces a grandeza da arte está en sacar as cousas de contexto. E así, o que nunha carnicería non é máis que o xénero disposto para a venda do día, pendurado do pescozo dunha moza guapa, pode entrar nunha sala de exposicóns con todos os honores. Ademáis ten un valor engadido. Se despois da representación, unha vez almacenada a peza, a nave arde e o seguro non paga, polo menos poderase celebrar unha boa churrascada.