NA ÚLTIMA | O |
28 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.FALAR TOCANDO o aire. Así fan os xordos, que empregan as mans para compor cos seus mobementos as frases coas que falan, segundo interpretaron onte unhas nenas de oito anos. Os rapaces encontran ás veces as mellores definicións posibles. Como esa vez que un cativo fíxolle ver ao seu pai despois de entrar no planetario da Coruña que o universo non era en realidade tan complexo. «Vés, aquí é donde gardan as estrelas polo día», dixo cheo de razón. Hoxe hai unha representación teatral especial, con actores que acariñarán o aire en cada escena. Son un grupo de trinta alumnos que aprende o linguaxe dos signos gracias ó labor da asociación de xordos Río Lérez. As nenas de oito anos van ir a aprender un pouco e seguramente a acuñar algunhas desas frases inesquecibles. Sempre acaban mellorando as cousas. Pasou outra vez o xoves no pleno infantil de Ponte Caldelas. Todas as propostas que fixeron foron sensatas. Pediron que non haxa anuncios de xoguetes que os enganen, que deixen crecer máis as troitas, unha discoteca para ir de marcha e poder merendar sen que os molesten os ensaios da coral. Puro sentido cumún, e tamén ese punto de utopía que non se debía perder. Unha rapaza propuxo que non haxa nenos pobres en África. Secundo a moción.