NA ÚLTIMA | O |
24 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ESE PROCESO de combustión espontánea polo que hai xente que arde de dentro a fóra ten que ser moi similar ao que acontece estes días cos expedientes do Sergas na nave de Alba. Cando o proceso afecta ás persoas, estas non se queiman en sentido figurado, senón que se tarta dun proceso físico, de difícil explicación, que consume os tecidos dende o interior do corpo e acaba por matar a quen o padece. Din quenes viron corpos nese estado que non se asemellan aos que arden normalmente, senón que as altas temperaturas afectan máis gravemente ao organismo canto máis internos son as súas partes. Hai incluso quen afirma que conseguiu controlar o incendio interno, aínda que as súas historias soen ter mellor cabida nas publicacións afeccioadas ao paranormal que en revistas médicas. Aseguraba un destes protagonistas que mitigara a combustión batendo as mans contra o seu corpo unha vez que descubriu que lle saía fume do interior da camisa. Tendo en conta que os bombeiros van á nave de Alba unhas cinco veces ao día a controlar o lume que aínda gardan dentro uns papeis, unhas simples palmadas parecen moi pouco esforzo para un lume que brotaba do corazón.