NA ÚLTIMA | O |
20 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.EN DINAMARCA, donde a inmensa maioría da pobación está feliz coa sua monarquía, hai un grupo minoritario que avoga por privatizar a familiar real. A proposta debúxana dentro da tendencia xeralizada en Europa que levou aos Estados a desfacerse de bens para alixerar gasto público. O grupo é, por suposto, republicano, pero o prantexamento foxe das paixóns do dogma e aspira a fundamentarse sobre bases lóxicas de rendibilidade. Partindo do punto de que invertir en sangue azul pode ser moi atractivo para as firmas privadas, os republicanos daneses fixeron unha proposta formal con motivo da recente voda do herdeiro daquel país. Igual que sucede aquí co enlace de mañá, os escandinavos viviron un aluvión informativo que sacou á luz todo o que se move en torno a un acontecemento como este. Por suposto, o apartado dos regalos, pola súa cantidade e variedade, mereceu mención a parte. Aquí, ademais do cruceiro que lle regala a provincia aos príncipes, figuran outros moitos. Entre eles unha parella de burros, dous urogalos e unha vaca. Non hai ningún oso, que segundo se soubo o autro día, considérase como o primeriro republicano español, por matar ao rei Favila, o fillo de Don Pelayo. Era claro.