Un agasallo para a voda real

PONTEVEDRA

DENDE A VENTÁ | O |

10 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ACHÉGASE o día 22, cando case todo o país, sexa monárquico ou non, paralizarase durante unha mañá para contemplar a primeira voda real do século en España. Uns non se separarán da televisión máis que para aplaudir a cerimonia, e outros a seguirán con non menos empeño, pero para criticala. E mentres esta data queda cada día máis cerca, institucións e asociacións de todo tipo apuran a entrega dos agasallos. Non está escrito na Constitución como unha obriga, pero moitas corporacións locais adoptaron acordos para extender a súa felicitación a Felipe de Borbón. O Concello de Marín presentou onte a súa proposta: un sextante, un instrumento que permite fixar a situación xeográfica da persoa que o emprega. Recordaralle ao Príncipe a súa estancia en Marín e a súa relación co mar. E quizais, xa de paso, coa súa presencia na famosa lista de agasallos, a real parella se acorde de Marín e tamén nos promocione ante aqueles que lle pregunten por el. Outros concellos, coma o de Pontevedra, teñen outra visión. Sinxelamente non farán ningún agasallo. Non ven a necesidade.