Idiomas

MARTIÑO SUÁREZ

PONTEVEDRA

¡ARRE HO! | O |

25 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

UNHA SERIE de fotografías ilustraba onte algo máis que as páxinas dúas e tres de La Voz. Nela, o próximo presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, fala con diversos dignatarios occidentais. Ben, iso de falar con eles é un dicir, porque en todos os casos hai intérprete polo medio: con Blair, dirixe o intercambio o futuro ministro de Exteriores, Moratinos; ante o polaco Miller, o francés Chirac e o americano Powell, tres señoras loiras exercen de guías lingüísticas; fronte a Schröder, unha muller de pelo curto converte as palabras. Na única foto na que non aparecen intérpretes é na que Zapatero conversa co portugués Sampaio, quen, coma moitos políticos lusos, fala un bo castelán. E non é cousa só do novo primeiro ministro: contan que, na súa primeira visita a Londres como cabeza do goberno, Aznar falou en español, e despois quixo presumir de cursiño de linguas pedíndolles aos deputados que lle fixesen preguntas en inglés. O primeiro en falarlle foi un escocés de pronuncia retorcida, o que fixo que O Home botase man dos cascos para escoitar a traducción simultánea. Agora entren nun colexio da Xunqueira, de Campolongo, de Sanxenxo ou de Bueu e váianlles aos alumnos co conto de que sen saber idiomas non se chega lonxe. ¡Ha!