NA ÚLTIMA | O |
26 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.A VACA que desatou a psicose nos Estados Unidos despois de que se detectara que estaba tola pode ser responsable dunha espiral similar á que acontenceu en Galicia hai dous anos. A xente deixou de comer carne, sucedéronse teorías acerca de cómo era a forma correcta para facer o caldo e a sopa e logo todo volveu á normalidade. A aparición dun único animal foi suficiente para pechar as fronteiras de moitos países á carne de vacún norteamericana. O problema non afectará, sen embargo, a Pontevedra, que, ó igual que o resto de Europa, non consume os filetes dos animais que se crían en Estados Unidos porque alí empregan hormonas para acelerar o crecemento dos bichos. O perigo queda lonxe. A maioría das veces as medidas preventivas fulminantes soen estar máis destinadas a tranquilizar, ó garantir que se cumplen as normas, que a mitigar os perigos reais. Agora que remata o 2003, só en Lugo detectáronse no ano unha ducia de casos de vacas víctimas da encefalopatía esponxiforme bovina. Eso non evitou que onte na radio, un señor con voz moi severa se felicitara de que as hamburguesas de carne americana xa non entrarían nas cadeas do país. Nunca estiveron, pero o home seguro que comeu chuletón de Lugo. A min encántame.