A pelota vasca

MARTIÑO SUÁREZ

PONTEVEDRA

¡ARRE HO! | O |

06 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ESPERO que a estreen en Pontevedra tamén. Onte fun ver A pelota vasca, o documental de Medem que foi capaz de escandalizar ós que non o viron. E merece a pena, por moito que se escore de vez en cando hacia unha posición -ó fin e ó cabo a película fíxoa el-, e por moito que a acción pida a berros a palabra de alguén dun PP que, voluntariamente excluído -despreza as palabras, polo visto-, acaba converténdose no malo oficial da cinta. A pelota vasca serve para escoitar o terrible relato de Daniel Múgica, fillo dun concelleiro de UPN asasinado. A mín fíxome chorar. E serve, por moito que os seus detractores o neguen antes de comprobalo, para demostrar que a dor de quen perde un familiar e mil veces maior que a dos presos etarras; para detectar como os políticos se ceban no detalle; para ver que hai xente que mira sen odio pese a todo; para alucinar cos delirios etnicistas de varios académicos vascos e co cinismo de Felipe González; para apreciar o sorprendente discurso de Fermín Muguruza, de quen falei demasiado lixeiramente aquí hai unhas semanas, e ben que o sinto, e o de Txetxo Bengoetxea, músico tamén; para levitar cos razoamentos de picapedreiro intelectual de Arnaldo Otegi; e admirar de novo a lucidez escéptica de Bernardo Atxaga, coma sempre o mellor de todos.