Condenados igualmente

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

02 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AS seis liñas do carné de identidade resultaron ser mentira tras mentira e as letras que forman o nome de Evely non teñen agora, 26 anos despois, máis sentido que ser un sonido polo que responder cando a chaman. Porque na Arxentina, donde a rapaza acaba de descubrir que non é filla de quen a criou, a súa historia é a de outros moitos. Salvo por un detalle. Evelyn Vázquez non quere saber quén é, nin coñecer o nome que lle puxeron os seus pais antes de que lla roubaran para entregarlla ós que acabou chamando papá e mamá, allea a desgracia que tapaba o seu novo nome. Un tribunal daquel país acaba de fallar a favor de Evelyn, que non terá que someterse a proba do ADN que a poría diante da realidade camuflada pola dictadura. Pero a decisión da rapaza ten unha explicación dentro da esquizofrenia social que lle provocou o totalitarismo á Arxentina. Un resultado científico que avalara o que xa sabe, que non é filla dos seus pais, fundiríaos aínda máis na situación procesal na que se encontran, acusados de secuestar a unha nena que resultou ser un cuarto de século despois a súa mellor cómplice e ó tempo un verdugo implacable. Condenáronse eles sós.