O polígono esquecido

PONTEVEDRA

DENDE A VENTÁ | O |

12 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ANTONIO Santiago e María Ramallo reuníronse onte en Pontevedra por primeira vez de forma oficial desde que esta última asumira a presidencia do Porto. A reunión foi longa, transcurríu nun ambiente distendido e tivo resultados que, se non quedan arrinconados nas hemerotecas, poderían dar un novo pulo ó porto, a Marín e a comarca enteira. Unha das iniciativas que Ramallo está disposta a recuperar do caixón dos recordos é o parque industrial en San Xulián. Marín precisa deste polígono. Non hai onde colocar unha nova industria de forma legal salvo nos terreos do porto. E estes son tan escasos que valen o seu peso en ouro. Mentres tódalas vilas de dimensións semellantes a Marín -e moitas moito máis pequenas- se dotan de solo industrial, o terceiro casco urbán da provincia e cuarto municipio por número de habitantes non ten chan cualificado nin para poñer un taller. Iso tense que acabar.