NA ÚLTIMA | O |
06 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.METIDOS nun habitáculo só un pouco máis grande que unha bañeira colocada sobre outra, unha organización de narcos colombianos quería descargar droga coa seguridade que dá facelo ó amparo da escuridade submariña. A operación frustrárase porque se descubrira o artiluxio, un batiscafo de fabricación caseira co que se ían transportar os fardos dende un barco nodriza ata algún punto da costa. O submariño contaba con toda a tecnoloxía suficiente, potentes motores e unha capacidade para aguantar as presións ben resolta, segundo os técnicos que poideron probalo despois de decomisado. Ademáis tiña ese plus de fascinación que despertan as cousas pequenas, que adoitan seducir dun xeito especial. Esa coquetería fáltalle ós barcos que apodrecen no porto de Vilagarcía. Despois de ser retirados por orde xudicial das rutas mariñas polas que colaban en Europa a sombra da miseria que provocan as adiccións máis perigosas, as moles de ferro oxidado non valen máis que para provocar algún que outro accidente. Pero mantelos fora de funcionamento está a xerar novas débedas. Os de Vilagarcía levan xa 15.000 euros en impagos de amarre. Tampouco é tanto se se compara co daño que farían por aí navegando.