NA ÚLTIMA | O |

29 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DEBE ser culpa da escola que sexa máis forte a sensación de cambio de ciclo, de ano incluso, que invade á xente en setembro que a que se da entre o personal con motivo do cambio do 31 de decembro ó primeiro de xaneiro. Entre estes últimos non media máis que unha cea en familia e unha festa con desmadre máis ou menos longo. Pero entre agosto e setembro hai un abismo, o paso que dista entre o ocio do verán e a inmersión noutra etapa de aprendizaxe á que acostumbraron a sucesión de cursos escolares. Ese sentemento interiorizado perdura de tal xeito que segue presente despois incluso de que as vacacións sexan trasladadas por motivos laborais dos meses do verán a outra data calquera do almanaque. E máis alá dese sentemento mantense a necesidade de continuar aprendendo. Como se un reloxio axustado a base de anos dun calendario ríxido non soubera desprenderse da rutina imposta na infancia. E aparece entón o remedio a intranquilidade en forma de fascículos coleccionables, matrículas de cursos, ximnasios para reconducir unha vida desmadrada pola falta de respeto ós horarios á que invita o verán. E chega tamén a chuvia para recordar que o calor é só un luxo que, aquí, dura apenas unhas semanas.