NA ÚLTIMA | O |

25 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

DURANTE medio século foi preciso un uniforme para desembarcar na illa. Tambo converteuse nun segredo para os veciños que tiñan as súas praias ó alcance dun mínimo esforzo bogando desde Combarro. Unha xeneración coñeceu a illa só polas referencias dos maiores, que contaban historias de cando fora lazareto, ou aproveitada polos protestantes do outro lado da ría para facer, na clandestinidade dunha sociedade pechada e intransixente, algúns dos seus ritos relixiosos. A porción de terra que sorprendeu nunha das súas viaxes a Galicia a Frei Martín Sarmiento pola súa variedade de especies vexetais e o rumor dos paxaros que nelas aniñaban apodrece agora porque os que se colan na illa amparados pola noite gustan de tapar con lixo a historia que lle foi negada a toda unha xeración.