A tempo parcial

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

23 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

ANTICIPOUSE a promulgación da lei cunha acción de combate que deixou noqueado a un tironero que lle levara o bolso a unha señora na rúa Rosalía de Castro. O heroe anónimo da víctima resultou ser un militar na reserva que encaixaría á perfección no perfil que anda buscando o Ministerio de Defensa. Como non da reclutado ós 86.000 militares profesionais que necesita, o Goberno pensa en fórmulas alternativas. A última é o proxecto legal mencionado, que consiste en buscar «militares a tempo parcial», para o que só será necesario inscribirse previamente nunha lista. En caso de necesidade, chamaríase ós interesados a filas só polo tempo que dure a misión. Quedan por aclarar algúns flecos. Como saber se o noso protagonista cobraría un incentivo ou, polo menos, se sería declarado empregado do mes.