Imaxes e palabras

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

20 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

HAI frases que, por repetidas, xa non retumban nos oídos, simplemente pasan por eles sen que o filtro da reflexión as faga tambalearse. Sucede coa sentencia que afirma que unha imaxe vale máis que mil palabras. Nunha ocasión, unha frase non tardou máis que o tempo que levou pronunciala en desmontar unha crenza sólidamente estendida e raramente cuestionada. Palabras como solidariedade ou amor necesitarían de mil imaxes para abarcar só unha pequena parte do que representan, viña a expoñer o argumento. Como en todo, as verdades absolutas non adoitan estar nas afirmacións máis contundentes, senón nos matices que só algúns logran atopar entre elas. Conseguiuno Xurxo Lobato. Entre todas as imaxes que fixo da marea negra e as accións reivindicativas que se derivaron dela, o fotógrafo quédase coa instantánea na que un grupo de rapaces debuxan cos seus corpos a palabra vida sobre a area o día que os escolares formaron a impresionante cadea humana na Costa da Morte. A foto vale doble. Ten a forza da imaxe multiplicada por mil, gracias ás catro letras que forman a palabra que aperece nela. Catro letras nunha instantánea que condensa futuro, esperanza, dignidade, acción, protesta e un millón de emocións máis.