Unhas horas de libertade

PONTEVEDRA

DENDE A VENTÁ | O |

18 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

UN grupo de internos da cárcere da Lama participará de novo nas tarefas da retirada do lixo no leito do río Gafos. Unhas xornadas onde un grupo de presos disfrutará dunhas horas nas que, ainda que sexa de xeito simbólico, poderán sentirse unha vez máis parte activa e productiva da sociedade. O director do centro deixouno claro. Desta forma tamén se devolve a sociedade un pouquiño daquilo no que se víu danada. Os internos -de terceiro e segundo grao- terán as súas horas de libertade. Os voluntarios máis manos dispostas a quitar o lixo do río. E o Gafos, ¿que imos dicir do río? Este terá un grupo máis numeroso para tamén dun xeito simbólico liberarse dos residuos. Porque sexamos tamén claros. Mentres os cidadáns, e ás veces os propios veciños das aldeas da ribeira, non nos concienciemos do valor dos nosos cursos fluviais, seguiremos a ter un Rapadiño dous en tódolos nosos ríos, pero sen plan de selado efectivo. Quizais a culpa tamén a teñan, en certa medida, os concellos e outras administracións. Os proxectos de saneamento avanzan moi de vagar. Pero a auga é un ben escaso e preciado. Dicímolo todos, pero ¿crémolo?