NA ÚLTIMA | O |
30 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.UN equipo de investigadores valencianos acaban de atopar unha explicación coherente de por que a xente escolle as súas parellas. O estudio centrase en explicar o mecanismo que rixe a predilección das mulleres por un tipo de homes. En concreto polos guapos. Como isto é unha cousa bastante subxectiva, un grupo de féminas escolleu de entre as fotografías que lles tomaron a aqueles ós que atopaban máis atractivos. Ata aquí, todo normal. As mulleres elixiron ós que físicamente lles chamaban máis. Sen embargo, o estudio quería ir máis alá. Os científicos retiraron mostras do semen dos homes e evaluaron a súa calidade. Cruzando os resultados das análises coas preferencias expresadas despois de ver as imaxes dos homes, o equipo atopouse con que os máis atractivos eran os que tamén presentaban unha mellor calidade de semen. De todo isto, os estudiosos inferiron que as femias humanas son capaces de recoñecer a través dos rasgos faciais aos machos máis apropiados para a reproducción. Hai que dicir que o estudio di tamén que as preferencias cambian cos anos. E engadir para tranquilizar que non é o único factor determinante.