O fútbol é así

PONTEVEDRA

NA ÚLTIMA | O |

29 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AÍNDA que tan pequeno que foi bautizado có epíteto de baby, un tren para levar os afeccionados. A amnistía laboral traducida en reducción da xornada que veñen reivindicando os sindicatos para todos os traballadores ó alcance dos forofos cunha simple petición do clube. Baño, masaxe e xornada de reposo, gratis total. Papel hixiénico como para limpar os cus de toda Pontevedra durante unha semana. Outra marea, esta vez en granate. En números: mil pegatinas e catro mil pancartas Altavoces pegados ós teitos dos coches que parten pola metade a sesta dos xubilados. Un mosaico en cartulinas para cubrir as gradas. Bágoas, gritos, abrazos, felicidade e tristeza. Todo en noventa minutos. Unha promesa de campo que vale o que sete bibliotecas, tres piscinas, dez ou doce canchas de tenis e equivale ó que un traballador medio non reuniría nin aínda que aforrase todo durante cincocentos anos. Máis petardos, foguetes e bombas que nas festas de Valencia. O Himno do clube repetido en cuartillas veces e veces por xentileza de. Campo novo de entrenar á espera de que mude o de sempre para xogar. Viño e empanada para saciar a fame de victoria duns dez mil. Cousas do fútbol, que é así.