Inaugura que algo queda

PONTEVEDRA

DENDE A VENTÁ | O |

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

CHEGARON as eleccións, e con elas os cortes de cintas a ritmo de sintonía partidista e de políticos con caras xubilosas, moitas veces forzadas. Conselleiros, alcaldes de calquera signo e candidatos de tódolos colores políticos compiten, mais que por aclarar os seus programas, por saír na foto ou porque os vexan os votantes cunhas tixeiras nas mans ou ó carón dunha praca. Este é o tempo da fanfarria e das promesas. A campaña é breve: dúas semanas. E menos mal. Aparte de emporcallar as rúas con carteis e de encher os nosos buzóns con correspondencia que, as máis veces, vai directa ó cubo do lixo, un querería que os políticos se sosegasen. A campaña é curta. A abstención será alta. ¿E a ningún partido se lle ocurríu pensar por que -aparte de botar a culpa ás demais formacións contendentes-? Un atracón de tal magnitude atraganta, é mellor que nos mostren a súa preocupación por nos non só en campaña.