El próximo jueves, con La Voz, una nueva edición de la Guía de Másters de Galicia
NA ÚTLTIMA | O |
10 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.SE cada mañá a xente acudira como tola ás panaderías coa idea de quen antes chegara sería o único en comer bocadillo pola tarde, sería un desastre. Aínda máis. Se a variación de tres postos na cola supuxera un incremento dun seis ou sete por cento, as labazadas por manter a posición estarían garantidas. Sobre todo se reinará a convicción de que a mesma situación se repetiría día tras día, sen que ninguén puxera remedio. Pois iso é, máis ou menos, o que sucede coa vivenda. Igual de necesaria que o pan para construir unha vida normal. Non se trata xa de pagar o luxo que supón meter dentro xamón ibérico. Chegaría con mortadela. Á vista dos datos, as casas subirán neste ano o triple que a inflación, conducindo a unha espiral endiañada. Quenes coidan que poden facer frente ós precios dos pisos, que veñen crecendo cinco veces máis que os salarios nos últimos cinco exercicios, bótanse como tolos ó mercado inmobiliario. Por certo cunha lóxica aplastante. A de quen sabe que se espera á hora da merenda para mercar o pan para facer o bocadillo, acabarao pagando a precio de mariscada.