UN turista galego chegou hai cousa de dous anos espantado dunha viaxe a Nova York. En pleno éxito da política de man dura posta en marcha polo alcalde da cidade, Rudolf Giuliani, ó visitante non lle casaba o que vía. A doctrina de tolerancia cero, consistente en ofrecer un extendido sentemento de seguridade entre ós cidadáns a cambio de encher os cárceres con rateiros reincidentes, prometera acabar tamén coas señoritas que vendían os seus servicios en Times Square. A impresión do visitante, sen embargo, era outra ben distinta. Os portais dos edificios da Quinta Avenida ou do distrito financieiro estaban cheos de prostitutas apoiadas nas paredes, co xesto característico de fumar pitillo tras pitillo coa mirada perdida. Sacouno do erro un amigo, que lle explicou que non se trataba de putas, senón de empregadas as que a lei antitabaco as obrigaba a fumar fóra das dependencias das súas ocicinas. No 2007, as empresas españolas serán espacios libres de tabaco. Menos mal que avisan con tempo. Non fora que de súpeto alguén se alporizara ó ver as rúas de Pontevedra convertidas nun barrio chino fumeante.