«O que me chamou mentiroso que aporte probas ou cale»

J. Santos CANGAS

PONTEVEDRA

JOSE A. BEIRO

O cura entende que é lexítimo e demostración da estima que os feligreses pidan que se manteña a Marcelino Sánchez en Moaña, pero rexeita os métodos empregados

05 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Benito de la Iglesia, don Benito, é párroco de Coiro dende fai 28 anos. É licencido en Filosofía, Teoloxía e Psicoloxía e está a rematar o doutorado en Antropoloxía. Días atrás, un membro do colectivo que se concentra diante da igrexa de Moaña pedindo que se manteña como sacerdote da parroquia a Marcelino Sánchez, trasladado a Lampón (Boiro), o acusóu de mentir por negar que se tiña dado unha situación similar en Coiro cando foi trasladado don Benito. O sacerdote da parroquia canguesa afirma que aquela situación non tivo nada que ver coa actual de Moaña. -¿Cómo foi que se viu involucrado neste conflicto? -Quero que quede claro que eu metínme neste follón -ou metéronme- cando me citaron como caso moi parecido ó de Moaña, e o de Coiro non foi así. Estou disposto a demostralo con documentos e con testigos. Polo tanto, salgo ó paso polo que decían de min nun periódico, que era un mentiroso. Que faga favor de salir desa plataforma na que se oculta o tal que me chama mentiroso, que non sei quen é, e que aporte as probas que teña para demostrar que eu minto, que estou disposto a contestarlle. Que aporte probas ou senón que cale. Que non se refuxie nun colectivo, porque esa é unha forma cobarde de tirar a pedra e esconder a man. A persoa que me decía na prensa que son un mentiroso, que salga a palestra, que quero falar con ela. Que aporte probas como eu estou disposto a aportalas, entre elas, os libros parroquiais, en donde están de puño e letra do que estivo de párroco, as partidas escritas. -¿Que foi entón o que pasou? .-Eu non me metín por aparecer na prensa nin por incordiar a ninguén, nin meterme cos de Moaña nin cousa que se lle pareza. Xa dixen que teño moi bos amigos en Moaña. Eu metínme para aclarar, por alusións, o que se decía, que en Coiro pasara o mesmo e se resolveu doutra maneira. Non foi así. Eu estaba de coadxutor con Don Manuel e fun de profesor formador a Santiago, como me pedira o Obispo, e despois, de párroco a San Pedro de Nós. A xente manifestou que non lle gustou a miña partida, pero nos límites tolerables. Eu nunca lle permitín os meus feligreses que se salisen de tono á hora de manifestar o seu descontento. -¿Considera que se debe escoitar a opinión dos feligreses? -É lexítimo que os feligreses se manifesten decindo o que queren, o que lles gostaría ou tal; pero claro, todo ten un límite. Non é admisible encadenar a igrexa ou insultar as persoas que queren ir á misa. -¿Que criterios ten a Igrexa para levar a cabo o traslado dun párroco? -Cada obispo, para proveer unha parroquia, ten un método. Normalmente síguese prácticamente o mismo en tódolos sitios. Na nosa diócesis, cando unha parroquia queda vacante, se un sacerdote quere cambiar xa llo manifesta antes. A parroquia sale a concurso no boletín oficial diocesano. Para cubrila mírase todo, os méritos dos solicitantes e incluso a opinión do pobo. Por exemplo, nunha parroquia como Coiro, que ten capelas por todas partes, mandar un cura maior e coxo non ten sentido, por moitos méritos que teña. -¿Tense en conta a conexión que exista entre o cura e os fieis? -Claro, claro. No caso de Moaña claro que o tiveron en conta, pero moi en conta. Hai que entender que don Marcelino Sánchez é un dos sacerdotes máis xoves de toda a diócesis.