Convenios versus PXOU

La Voz

PONTEVEDRA

25 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Unha vez escoitado a Álvarez Corbacho falar sobre facendas locais, non queda máis remedio que darlle a razón: o nivel medio de renta per cápita galego está un pouco por debaixo da media estatal pero o nivel impositivo directo das facendas locais está moi por abaixo desa media. Para comepnsar esta diferencia, a Xunta ofrece convenios, axudas e subvencións. Isto explica que Sanxenxo pudese conseguir por esta vía, no ejercicio pasado, uns 3.000 millóns de pesetas, dicía o eminente economista. Pero claro, isto que todo o mundo, incluso eu, desexa que se siga así, ten as súas pegas: A primeira, é que se é insolidario cos concellos que non os deixan acceder a esta vía orzamentaria. De momento, isto pode xustificarse aquí, porque Sanxenxo, por ser concello costeiro, durante moitos anos, sufriu a contrafase política, sendo un dos concellos sufridores deste clientelismo político. A segunda, que me parece que é a máis importante, é, que esta estructura clientelar, acaba coa autonomía municipal, tocando os mesmos cimentos da democracia. Os concellos pasan a ser meros colgaxos da Xunta, sen autonomía municipal, según Álvarez Corbacho. A Xunta actual, que ten a 82 por cen do control de financiación nas mans dunha sóa persona, cando quer, pode cortarlle o fio conductor a esa vía orzamentaria, e deixalos caer no obscuro olvido administrativo. Pero, se non os deixa caer, quizá todavía, á larga, sexa peor para o saneamento democrático. Así podemos ver, que, en cncellos ben conectados coa Xunta, están a sofrer un secuestro democrático interno dos partidos de goberno, secuestro que, cara ó cidadán, meniféstase en forma de alonxamento da problemática da pe municipal. E mesmo invírtense os precesos importantes da política municipal. Que, ¿como notamos isto en Sanxenxo? Fíxense na elaboración do PCOU. O PXOU de Sanxenxo leva xa un ano ala na Xunta cando o compriomiso era de 3 meses. Mentras está ocurrendo esta especie de secuestro, aparecen, polos montes próximos, unha serie de peladas forestais que, posiblmente, se corresponderán cun maior número de convenios urbanísticos. E dicir, parece que se está a facer un PXOU para os convenios e o proceso normal debe ser que os convenios se fagan adaptados o Plan Xeral de Ordenación Urbana. Logo ocorre xusto o contrario do proceso normal. Non hai moito, o visitante de Marbella, podía ver un cartel que dicía Marbella, país de los mil convenios». Neste intre, levaban 14 elaborando un PXOU que creo que aínda non chegaron a aprobar. Esperemos que Sanxenxo non sexa o caso de Marbella e pronto contemos con ese documento importante, exento de información privilexiada e convenios perxudiciais para os intereses xerais do concello. Esperemos que aínda teñamos opcións a facer alegacións que non estén blindadas por convenios ou compravendas estratéxicas. A solución a todo isto, parece que está nunha Lei de Facendas Locais e nunha Lei do Solo que só teñen prisa en facer os que están na oposición, sexa quen sexa. Xermán Prieto, Portonovo.