A «humanización» pendente

La Voz

PONTEVEDRA

Unha das asignturas pendentes de Docampo en Pontevedra é a pretendida reforma urbanística do campus. -Neste catro anos quedaron cousas por facer -admite o rector-. Fundamentalmente, algo de que temos falado moito que é a reforma urbanística que permita un desenvolvemento algo mais humano da parte central do campus, e pegarnos ó río Lerez e á Illa das Esculturas dunha maneira un pouco mais airosa que a entrada que ofrecemos hoxe. -¿Por qué non saiu diante o proxecto presentado no seu día? -Temos que solventar problemas de permisos, porque hai que facer un plan parcial e contar con Costas. Iso por unha banda. Pola outra, queremos compremeter nesa importante reforma á Diputación, ó Concello e á Xunta. Entón hai que buscar tamén as circunstancias apropiadas para que esa cooperación se produza. Estou convencido de que neste outono é moi posible que as circunstancias se volvan moi favorables para ese proxecto. É un dos primeiros proxectos que quero desenvolver no 2003, non espero tardar mais.