«Sempre quixo voltar aquí»

La Voz

PONTEVEDRA

16 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Despois de estudiar no colexio dos xesuítas no que hoxe é o edificio Sarmiento do Museo, Pedro García Balboa, trasládase ó Mosteiro de San Martín en Madrid. «Non podía ir ós de Lérez ou Poio porque os benedictinos impuñan que os novicios tiñan que estudiar máis lonxe, e os mosteiros de Celanova e Samos tiñan moita demanda», di Carballo. «Pero él sempre quixo voltar, e para tentalo, removeu Roma con Santiago -engade o historiador-. Chegou incluso a tentar vender a súa biblioteca para cos intereses poder acadar unha pensión e vivir nun mosteiro. Non o conseguiu e logo buscou a través duns amigos na corte de Fernando VI acadar un `beneficio'' para volver e establecerse nunha finca do Castrove, para simplemente traballar na ciencia e a cultura de Galicia. Pero non tivo éxito e ós 65 anos resígnase a vivir no seu mosteiro». A pesar de que non estivo destinado nin a Lérez nin a Poio, fixo frecuentes visitas nas súas viaxes.