A Universidade de Maiores da USC leva actos a Xinzo

La Voz

XINZO DE LIMIA

Casa da Cultura de Xinzo
Casa da Cultura de Xinzo C.A.

Na casa da cultura haberá conferencias sobre fotografía, escritura creativa e árbores durante este mes de maio

06 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 10, 24 e 31 • 20.00 horas • De 10.00 a 13.00 horas • Casa da Cultura de Xinzo • A capital da Limia acollerá tres sesións formativas enmarcadas no Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dentro do seu IV Ciclo. A actividade está dirixida a persoas de máis de 50 anos. O día 10 Katia Cino Rouco impartirá a sesión «Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital». O 24 será Ánxela Gracián quen fale de «Escritura creativa» e o 31 a sesión versará sobre «Especies arbóreas na nosa terra», e correrá a cargo de Blanca Fraga. A matrícula é gratuita e pode realizarse na Casa da Cultura de Xinzo.