BALCÓN DE MOREIRAS
09 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ALÉGRASE quen esto escribe dos homenaxes que a don Evaristo Vaamonde Dacortiña se lle están a celebrar en forma de monumento e diversos artigos. Don Evaristo, coido que ninguén o dixo, naceu en San Pedro de Moreiras, esa aldea que debera ser vila. Nunha casiña vella no barrio da Seara, dando á Calle Real, vira a luz o noso protagonista. Ó pé dunha porta de patio que poidera ser interesante para os epigrafistas. Don Evaristo puxo do seu pecunio particular o pouco que tiña para que a igrexa da Veracruz fora o monumento máis fermoso dunha vila que estaba asoballada polo xigantismo dos indianos. Os de Moreiras, no Concello de Toén estamos en débeda para lle facer unha homenaxe a iste xeneroso e sabio crego que o foi denantes da vila do Arenteiro, de Seixalbo e de Sobrado do Bispo. Pois eso.