Música, obradoiros e comida no UKP Day de Ribadavia

La Voz

RIBADAVIA

As actividades, de balde, desenvolveranse o sábado no castelo

29 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 2 (sábado) • Desde as 12.00 horas ata a noite • Castelo de Ribadavia • De balde • A capital do Ribeiro celebrará unha nova edición do UKP Day, cita na que haberá concertos de ukelele, obradoiros, espazos gastronómicos e máis actividades. No Escenario Ukp comezarán os concertos ás 12.00 horas, con Noe Black & The Bang seguirán con L´Mantra (13.00 horas) e Uke & The Leles (14.30 horas). Pola tarde actuarán Ryan Sambol (16.00 horas), Hardcute Ukelele (17.30 horas) e Yoyo Borobia (18.30 horas). Os Novos (20.00 horas) e Os amigos dos músicos (21.00 horas) estarán no Escenario Reboreda. Haberá obradoiros de mañá e de tarde e postos de comida.