18 de xullo de 1936 producíase o levantamento fascista celebrado durante anos como o Glorioso Alzamiento Nacional. O 18 de xullo de 2007 un dos militares máis sanguinarios e terribles do franquismo, Millán Astray, resucitaba no castelo de Ribadavia por obra e graza da montaxe de K.Producciones. Ou o que é o mesmo, pola magnífica intepretación de Adolfo Fernández, o actor que nos lembrou durante ese monólogo, acompañado ó piano por Mariano Marín, que o 12 de octubro de 1936 en Salamanca viviuse unha loita entre a intelixencia e a barbarie e a morte protagonizada polo fundador da Lexión e o rector Miguel de Unamuno. Daquela quedou claro que «¡detalle, en los detalles está Dios!» e que o actor se está a converter nun dos fetiches da Mostra de Ribadavia, onte xa estivo en varias montaxes celebradas polo público da MIT.