O PSOE de Rairiz quere impulsar a petición do Día das Letras para Tovar cun premio de poesía

O pleno debatirá a proposta hoxe

.

ourense / la voz

O pleno de Rairiz de Veiga debaterá hoxe (13.00 horas) unha iniciativa do grupo de goberno para reclamar o Día das Letras para o poeta Antón Tovar, nacido no pobo de Pereira. É unha proposta que sairá adiante previsiblemente por unanimidade, toda vez que o PSOE tamén está de acordo coa iniciativa. Comparte a proposta, pero quérea facer máis ambiciosa. Por iso Pablo Lorenzo presentará unha emenda co obxectivo de buscar o apoio doutras administracións para impulsar a figura do poeta.

«Imos propoñer instar á Xunta a financiar un proxecto de casa museo na vivenda natal de Tovar», avanzaba Lorenzo. Dicía que falou co tema con familiares do poeta e acolleron con gusto a iniciativa. Actualmente a vivenda, situada no pobo de Pereira, pertence a un irmá de Tovar. A proposta inclúe tamén pedirlle á Deputación que cree un premio escolar de poesía co nome do poeta. A iniciativa xa existiu en tempos, pero fíxose a nivel local e durou «un ano ou dous», di Lorenzo. O PSOE quere recuperala e ademais buscar nela o pulo da administración provincial para facer chegar a convocatoria a todos os colexios ourensáns. A entrega dos premios faríase, segundo a proposta que defende Lorenzo, no transcurso da feira que cada verán se organiza no pobo de Pereira.

A petición das Letras para Tovar tamén será debatida nun próximo pleno en Xinzo de Limia, unha vez se celebre o pleno de elección do novo alcalde tras a dimisión de Antonio Pérez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O PSOE de Rairiz quere impulsar a petición do Día das Letras para Tovar cun premio de poesía