A Fundación Blanco Amor exporá «EBA. Retratos de Siro»

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

Álvaro Vaquero

O padroado elexiu a Luis González Tosar como director

02 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Coincidindo coa data da morte de Blanco Amor a fundación que leva o seu nome reuniuse en Ourense. Na xuntanza acordouse desenvolver ao longo do 2018 un amplo programa de actividades que incluirá, entre outras propostas, as exposicións EBA. Retratos de Siro. Achegas para unha iconografía blancoamoriana -que incluirá retratos inéditos de Blanco Amor-, Bibliografía blancoamoriana -do fondo Carlos Laíño-, unha mostra multimedia e de libros, revistas, cartaces, prensa e filatelia e a exposición de fotografías Blanco Amor en Ourense. Tamén se organizarán as xornadas temáticas A esmorga, lectura cinematográfica e Blanco Amor e os seis poemas galegos de Lorca. Na xuntanza da fundación acordouse nomear director a Luis González Tosar e secretaria a Ánxeles Fernández Pérez. Logo da xuntanza celebrouse a ofrenda anual en San Francisco. Xunto a Tosar recitaron poemas os alumnos do IES Blanco Amor Ana Fernández, Héctor Guimarei, Álvaro Corral, Óscar Ocampo e Martín Rey.